Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 21 de xuño de 2012, da Área Provincial da Coruña, no curso do procedemento de revisión de contratos de vivendas de promoción pública (VPP) en Belvís, Santiago de Compostela, pola que se notifica a resolución de extinción do contrato de arrendamento ás persoas cuxos expedientes se relacionan (expediente C-2002/010).

Na tramitación do procedemento de revisión de contratos de arrendamento de vivendas de VPP en Belvís, Santiago de Compostela (expediente C-2002//010), cursáronse notificacións de resolución de extinción do contrato de arrendamento a varios adxudicatarios de vivendas de promoción pública, ditadas polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.

Intentada a notificación destas resolucións segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, notifícaselles aos interesados a resolución de extinción do contrato de arrendamento das vivendas do expediente C-2002/010, que se relacionan no anexo.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992 o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro das resolucións que se notifican está á súa disposición durante o prazo de dez días seguintes á publicación desta cédula, na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na praza de Luís Seoane, edificio de Servizos Múltiples, s/n, 9º andar, A Coruña.

Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpor perante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña recurso de reposición no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Os prazos mencionados anteriormente contaranse desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que así conste, expido, firmo e selo esta cédula.

A Coruña, 21 de xuño de 2012

Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI

Nome e apelidos

Último enderezo coñecido

C-2002/010:7

46091255Z

Yanina Belén García

Camiño da Ameixaga 22-(B-1-P-2) 2º dta. Santiago de Compostela

C-2002/010:64

44809073J

David Carlos Vázquez Regueira

Camiño da Ameixaga 14-(B-5-P-2) 1º esqda. Santiago de Compostela