Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27418

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación avícola en Requeixo (O Sisto).

Avideza, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de explotación avícola que se situará en Requeixo-Sixto. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia y no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Dozón, 18 de xuño de 2012

Adolfo Campos Panadeiros
Alcalde