Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27304

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para a automatización dos procesos das plataformas de secuenciación masiva Sold e Ion Torrent.

26.1.2012

145.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia.

30.3.2012

50.000,00 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de melloras na estación de tratamento de augas pluviais en Cerceda.

27.4.2012

307.199,92 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de museo da minaría de Cerceda.

27.4.2012

300.000,00 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de paseo fluvial no Acevedo en Cerceda.

27.4.2012

224.830,81 €

Protocolo xeral de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e Gas Galicia SDG, S.A. para o desenvolvemento da gasificación e o incremento da penetración do gas natural na Comunidade Autónoma.

25.5.2012

00,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e as universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela para o fomento da participación de empresas galegas en programas colaborativos internacionais de I+D+i, no marco do Fondo EuroIngenio 2008.

13/04/2012

40.000,00 €