Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2012 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario da obra de clave PO/12/069.02 e dúas máis.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 981 54 49 86.

5) Telefax: 981 54 47 91.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/ (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características). Tamén se poderán obter o prego de cláusulas administrativas, cadro de características, proxecto e soporte dixital na copistaría Copy Nino, rúa dos Feáns nº 19 e Rosalía de Castro nº 58, 15706 Santiago de Compostela-A Coruña. Teléfono 34 981 58  89  38.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: mellora da seguridade viaria e mellora na capa de rodadura na PO-204.

Clave do expediente: PO/12/069.02. (E/023/2012).

Orzamento base de licitación: 508.348,52 euros (IVE excluído). IVE: 91.502,73 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17707 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: reparación na capa de rodadura na VG-4.2, PO-308, PO-206 e PO-505.

Clave do expediente: PO/11/087.02. (E/024/2012).

Orzamento base de licitación: 298.813,31 euros (IVE excluído). IVE: 53.786,40 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: non se exixe clasificación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17708 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características, plan de obra).

División por lotes e número: non hai.

c) Descrición do obxecto: reparación na capa de rodadura na LU-633, treito: Pedrafita-Alto do Poio, p.k. 0+000 ao 13+500.

Clave do expediente: LU/11/091.02. (E/025/2012).

Orzamento base de licitación: 399.489,83 euros (IVE excluído). IVE: 71.908,17 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17709 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características, plan de obra).

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5% do orzamento base de licitación (sen IVE). Ver punto H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a exixida, no punto 2 anterior.

b) A capacidade técnica segundo o especificado no parágrafo I.2 A), do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

d) Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano s/n, en Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: no se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses conforme o artigo 161 do texto refundido da lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con 3 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas