Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27129

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 1 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca para vinculación temporal por concurso de méritos unha praza de facultativo especialista de área en Pediatría e as súas áreas específicas.

O xerente de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 15 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a vinculación temporal, por concurso de méritos, dunha praza de licenciado sanitario para a cobertura dun facultativo especialista de área de Pediatría para Cardioloxía Infantil.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro do CHUAC, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 1 de xuño de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO
Praza convocada

Especialidade

Nº de vinculación

Tipo de vinculación

Pediatría e as súas áreas específicas

1

Reserva