Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo para a redacción e tramitación dos proxectos sectoriais PS-1da área de vías, espazos libres e infraestrutura (mesmo conexións exteriores) e PS-6 da área de usos complementarios, previstos no Plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA en Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17696

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

a) Número de expediente: 24/2012 U.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a redacción e tramitación dos proxectos sectoriais PS-1 da área de vías, espazos libres e infraestrutura (mesmo conexións exteriores) e PS-6 da área de usos complementarios, previstos no Plan sectorial do Campus Científico Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA en Vigo.

c) Lugar de execución/entrega: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71410000-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea N do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 171.224,58 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 171.224,58 €. Importe total: 202.045,00 €.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas alíneas J e K do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas