Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete ao trámite de información pública o expediente para a aprobación do Plan de aproveitamento da anguía na conca do río Tambre (zona de desembocadura).

De acordo co establecido no artigo 7 do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía en augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, o Servizo Provincial de Conservación da Natureza da Coruña, a petición da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, iniciou o expediente para a aprobación do Plan de aproveitamento da anguía na conca do río Tambre (zona de desembocadura), coas seguintes características:

Artes de pesca: nasa tipo butrón con rede de malla non inferior a 14 mm, medidos en diagonal e mollada.

Zonas de pesca: a zona comprendida entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Pontenafonso. O período de pesca será desde o 1 de maio ata o 31 de outubro.

Número de días previsto da actividade: o número máximo de días previsto e de 129.

Horario de pesca: desde as 12.00 horas do luns ata as 12.00 horas do sábado. Cun máximo de 8 horas diarias de traballo.

Proposta do número de aparellos ou artes de pesca por persoa: o número de nasas máximo que se vai empregar é de 20 por persoa.

Cota de captura: un máximo de 15 kg/día.

Relación de membros da asociación participantes:

José Martínez González. Embarcación Benigna 3ª CO-7-2015 (2 tripulantes).

Jesús Suárez Rey. Embarcación Baña 3ª CO-7-2580 (2 tripulantes).

Sistema de rexistro de capturas: será mensual, mediante parte que remitirá a Confraría de Pescadores San Bartolomé.

O que se fai público para xeral coñecemento, sinalándose o prazo de quince días contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, para que as entidades e persoas que se consideren afectados poidan examinar o procedemento nas oficinas desta Xefatura (Servizo Provincial de Conservación da Natureza), Edificio Administrativo Monelos, r/ Vicente Ferrer nº 2-5ª pl., A Coruña, e informarse sobre as características do Plan de aproveitamento da anguía na conca do río Tambre, e presentar durante o mesmo prazo as alegacións que puideran estimar convenientes ao respecto.

A Coruña, 13 de xuño de 2012

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña