Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 19 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite urxente non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de control de calidade da obra de urbanización e construción de 27 VPP en Vilamarín (Ourense) (expediente C-2006/020).

Advertido erro na publicación do anuncio no DOG número 123, do xoves 28 de xuño de 2012, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 25.861, no número 8, liñas 3ª e 4ª, onde di: «…ata o oitavo (8º) día natural…», debe dicir: «…ata o décimo (10º) día natural…».

Esta corrección non dará lugar á apertura dun novo prazo para a presentación de ofertas.