Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2012 Páx. 26855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 25 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Manuel Riobó Pastoriza e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse resolucións de recursos de reposicións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

Carlos Rodríguez Sánchez
Director xeral de Tributos

ANEXO

Interesado

NIF/CIF

Enderezo

Procedemento

Manuel Riobó Pastoriza

76834216W

Domaio-O Calvar, nº 77

36957 Moaña Pontevedra

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Manuela García Pose

32209659E

Travesía da Camuza, nº 2, baixo

15113 Malpica de Bergantiños. A Coruña

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento

Jesús González y Eduardo González, C.B.

E47474184

r/ Boleo Nuevo, nº 41

47241 Valdestillas. Valladolid

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento

Elda Beatriz Fernández Pérez

32618343L

r/ San Salvador, nº 1-4º D

15404 Ferrol. A Coruña

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento