Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2012 Páx. 26711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación da instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos centros do Issga na Coruña e Pontevedra (expediente PA 1/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Número de expediente: PA 1/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: contratación da instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos centros do Issga na Coruña e Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes: 2.

Lote 1: contratación da instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos centros do Issga na Coruña.

Lote 2: contratación da instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos centros do Issga en Pontevedra.

d) Prazo de execución: dous anos, desde o día seguinte á sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 55400000-4 Servizos de subministración de bebidas, 55320000-9 Servizos de subministración de comidas. CPA: 56 Servizos de comidas e bebidas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon mínimo de licitación.

Catrocentos oitenta euros (480 euros) anuais. O importe de cada lote é o que se sinala a continuación:

Lote 1: douscentos corenta euros (240 euros) anuais.

Lote 2: douscentos corenta euros (240 euros) anuais.

5. Garantía.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: o importe equivalente ao canon anual ofertado polo licitador que resulte seleccionado en cada un dos lotes.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Administración Xeral do Issga. Casa da Parra, praza da Quintana, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Tfno.: 881 99 93 34, fax: 881 99 94 33. Correo electrónico: issga.subdireccionpersoal@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17626

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 7 da cláusula 4.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 8 da cláusula 4.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nas cláusulas 4.2, 4.3 e 4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar e forma de presentación: Rexistro Xeral do Issga, situado na praza da Quintana de Vivos, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Cando a documentación se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data e a hora de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama. Esta notificación dirixirase á Subdirección Xeral de Administración e Persoal-Servizo de Administración Xeral (fax: 881 99 94 33/teléfono: 881 99 93 34/881 99 93 99) do Issga.

10. Apertura das ofertas: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n (planta 0), ás 10.00 horas do décimo día natural seguinte ao do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Gastos do anuncio: serán por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral