Conforme o establecido no artigo 20 da Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade. Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (por competencia delegada en virtude da orde de convocatoria, de conformidade co artigo 3.4 da Orde do 22 de setembro de 2011) do 20 de marzo de 2012 para a execución de:
– 15 proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento por un importe total de trescentos sesenta e catro mil seiscentos dezasete euros (364.617,00 euros), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo I desta resolución.
– 6 proxectos para axudas para a consolidación e o fortalecemento de ONGD por un importe total cento quince mil seiscentos cincuenta e un euros (115.651,00 euros), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo II desta resolución.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
Nº expediente |
Entidade solicitante |
Denominación do proxecto |
Custo total do proxecto |
Subvención concedida |
Anualidade 2012 |
Anualidade 2013 |
2012/15 |
Fundación Entreculturas Fe y Alegría |
Cidadanía global e dereitos humanos: participación para o cambio social por parte da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2012-2013. |
29.000,00 |
25.000,00 |
8.750,00 |
16.250,00 |
2012/35 |
Fundación Ayuda en Acción agrupada con Fundación Entreculturas Fe y Alegría, Seminario Galego de Educación para a Paz, Educación sin Fronteras, Fundación InteRed |
Campaña mundial pola educación 2013 en Galicia. |
34.052,00 |
30.602,00 |
10.710,70 |
19.891,30 |
2012/21 |
Enxeñería sen Fronteiras Galicia |
Proxecto de difusión do concepto de tecnoloxía para o desenvolvemento humano a través da sensibilización e a educación formal na comunidade universitaria e na sociedade galega en xeral, 2012. |
54.044,75 |
15.783,00 |
15.783,00 |
-------- |
2012/11 |
Amarante Setem |
Proxecto de formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector do téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa. |
25.618,52 |
22.827,00 |
7.989,45 |
14.837,55 |
2012/30 |
Asoc. Cultural de Cooperación e Desenvolvemento A Cova da Terra agrupada con Panxea, Sodepaz e Taller de Solidaridad |
Sensibilizar e formar, en materia de cooperación ao desenvolvemento, un centenar de poboación moza do rural galego con base na soberanía alimentaria e os principios do comercio xusto. |
39.525,00 |
34.725,00 |
12.153,75 |
22.571,25 |
2012/19 |
Asociación para la Cooperación con el Sur-Acsur Las Segovias |
Favorecer a xeneración de espazos e ferramentas para a formación, sensibilización e articulación de redes para a mobilización social arredor da defensa dos dereitos humanos das mulleres no norte e no sur focalizando en: femicidio, dereitos económicos e dereitos sexuais e reprodutivos. |
26.950,00 |
24.250,00 |
8.487,50 |
15.762,50 |
2012/34 |
Implicadas no Desenvolvemento |
A crise como cambio: perspectivas e alianzas entre mulleres. |
27.250,00 |
24.250,00 |
8.487,50 |
15.762,50 |
2012/29 |
Ecos do Sur agrupada con Mestura |
Entre-nós. |
31.400,00 |
28.200,00 |
9.870,00 |
18.330,00 |
2012/13 |
Asamblea de Cooperación por la Paz agrupada con Agareso |
Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario. |
39.394,64 |
34.984,00 |
12.244,40 |
22.739,60 |
2012/07 |
Fundación InteRed |
Visibilizar e valorar os coidados como imprescindibles para o sostemento da vida e as sociedades especialmente no ámbito rural galego. |
37.490,00 |
24.984,00 |
8.744,40 |
16.239,60 |
2012/39 |
Solidariedade Internacional de Galicia |
O tesouro de acahualinca. |
30.137,75 |
24.960,00 |
8.736,00 |
16.224,00 |
2012/37 |
Fundación Taller de Solidaridad |
Material didáctico dixital para a campaña Mulleres Soñadoras. |
16.383,00 |
11.340,00 |
11.340,00 |
------ |
2012/22 |
Amigos da Terra Galicia-Xuventude |
A soberanía alimentaria en risco: sensibilizando e capacitando á sociedade para o cambio sustentable. |
19.648,76 |
15.082,00 |
5.278,70 |
9.803,30 |
2012/32 |
Fundación Jóvenes y Desarrollo |
Abrindo unha xanela ao mundo: dereitos humanos, xénero e comercio xusto. |
53.100,00 |
25.000,00 |
8.750,00 |
16.250,00 |
2012/05 |
Manos Unidas |
ODM 3 e 6. Non hai xustiza sen igualdade e a saúde dereito de todos/as. Actúa. |
27.330,00 |
22.630,00 |
22.630,00 |
-------- |
Total |
|
364.617,00 |
159.955,40 |
204.661,60 |