Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación polo Servizo Galego de Saúde do servizo para dinamizar e supervisar o subproxecto Hospital Dixital Seguro, dentro do proxecto Hospital 2050, cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico (AB-SER1-12-029).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 19.7.2012.

d) Número de expediente: AB-SER1-12-029.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para dinamizar e supervisar o subproxecto Hospital Dixital Seguro, dentro do proxecto Hospital 2050.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa su formalización ata o 31 de decembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72225000-8.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de traballo

0-25

Metodoloxía de traballo

0-25

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Proposta de actividade

0-10

4. Valor estimado do contrato: 427.300 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 373.400 euros. Importe total: 440.612 euros.

b) O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico nun 70%. Eixe 1, tema prioritario 11.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 19.7.2012.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n.

3) Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 13.6.2012.

12. Outras informacións. O expediente cofinanciarase con fondos Feder.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos