Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada e tramitación anticipada de gasto, da obra de construción dun punto limpo en Porto do Son (A Coruña), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 31/2011).

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente orixinal: 33/2011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16997

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición do obxecto: construción dun punto limpo en Porto do Son (A Coruña).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.

d) Publicidade: DOG nº 236, do 13 de decembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 251.149,14 €.

5. Orzamento de licitación.

a) Orzamento base de licitación: 251.149,14 €.

b) IVE (18%): 45.206,85 €.

c) Orzamento total de licitación: 296.355,99 €.

6. Financiamento: 70% có Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de maio de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 12 de xuño de 2012.

c) Adxudicataria: Movex Vial, S.L. (na actualidade Civis Global, S.L.).

d) Importe de adxudicación: importe neto: 219.278,31 €. Importe total: 258.748,41 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

P.D. (Orde do 15 de marzo de 2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas