Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2012 Páx. 26499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 19 de xuño de 2012, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 1 de xuño de 2012, ditada no expediente sancionador AC-35/12, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle, á titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

A interesada dispoñerá dun prazo de quince días, conforme co disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE nº 159, do 9 de agosto), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais deste Servizo Provincial de Turismo, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 19 de xuño de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-35/12.

Denunciada: La Bottega Coruña, S.L.

CIF: B70280300.

Establecemento: Il Buon Gusto.

Enderezo: centro comercial Marineda City, estrada Baños de Arteixo, 43.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 1 de xuño de 2012.

Sanción: multa de mil douscentos euros (1.200 €).