Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26304

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre a formalización do contrato de servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes deste concello.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contrato do sector público, faise pública a formalización do contrato de servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Vilagarcía de Arousa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

c) Número de expediente: CT 1/2012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vilagarcia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Vilagarcía de Arousa.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8 90919000-2.

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisicións: non procede.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea: 31.1.2012, Boletín Oficial del Estado: 4.2.2012, Diario Oficial de Galicia: 8.2.2012 e Boletín Oficial da provincia de Pontevedra: 13.2.2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.305.084,736 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.440.677,960 euros. Importe total: 1.699.999,993 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: Xunta de Goberno Local do 14 de maio de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xuño de 2012.

c) Adxudicataria: Clece, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto 1.348.350,24 euros. Importe total: 1.580.999,99 euros.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Vilagarcía de Arousa, 12 de xuño de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde