Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26302

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento e licenza de actividade para a venda de sofás e artigos de descanso (expedientes 9687/426 e 968/426).

Muebles Ciudad de Vigo, S.L. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenza de obras de acondicionamento e licenza de actividade para a venda de sofás e artigos de descanso, que se situará na avenida Gran Vía número 7, baixo esquerdo (expedientes 967/426 e 968/426).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poidan alegar o que consideren oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará unha vez transcorridos vinte días desde o día seguinte ao publicación do último anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 31 de maio de 2012

Mª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos