Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26244

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de enfermaría para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Advertidos erros na Resolución do 14 de marzo de 2012, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de enfermaría para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, publicada no DOG nº 59, do 26 de marzo de 2012, fanse as oportunas correccións:

– Nas páxinas 10474 e 10475, o anexo II, áreas especiais, queda tal como se publica a continuación:

ANEXO II
Áreas especiais de enfermaría (DUE)

1. A Coruña. Complexo Hospitalario Universitario da Coruña: UCI/Reanimación/Queimados, UCI Pediátrica, Quirófano, Hemodiálise, Transplantes, Hospital de Día Oncohematolóxico, Hospital de Día Oncopediátrico, Prematuros/Neonatos, Servizos de Transfusión e Urxencias Hospitalarias.

2. A Coruña/Cee. Hospital Virxe da Xunqueira (Cee): UCI/Reanimación/Queimados, Quirófano e Hemodiálise.

3. Área Sanitaria de Ferrol (Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide/Novoa Santos): UCI/Reanimación/Queimados, UCI Pediátrica, Quirófano, Hemodiálise, Hospital de día Oncohematolóxico, Prematuros/Neonatos, Servizos de Transfusión e Urxencias Hospitalarias.

4. Santiago de Compostela. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago: UCI/Reanimación/Queimados, UCI Pediátrica, Quirófano, Hemodiálise, Transplantes, Hospital de Día Oncohematolóxico, Hospital de Día Oncopediátrico, Prematuros/Neonatos, Servizos de Transfusión e Urxencias Hospitalarias.

5. Santiago de Compostela/Barbanza. Hospital Comarcal da Barbanza (Ribeira): Quirófano, Hemodiálise e Urxencias Hospitalarias.

6. Burela. Hospital Comarcal da Costa (Burela): UCI/Reanimación/Queimados, Quirófano, Hemodiálise, Prematuros/Neonatos, Urxencias Hospitalarias e Hospital de Día.

7. Lugo. Complexo Hospitalario Lucus Augusti (Lugo): UCI/Reanimación/Queimados, UCI Pediátrica, Quirófano, Hemodiálise, Hospital de Día Oncohematolóxico, Prematuros/Neonatos e Urxencias Hospitalarias.

8. Monforte. Hospital Comarcal de Monforte: UCI/Reanimación/Queimados, Quirófano, Hospital de Día Oncohematolóxico, Hospital de Día Oncopediátrico, Prematuros/Neonatos e Urxencias Hospitalarias.

9. Ourense. Complexo Hospitalario Universitario de Ourense: UCI/Reanimación/Queimados, UCI Pediátrica, Quirófano, Hemodiálise, Hospital de Día Oncohematolóxico, Prematuros/Neonatos, Servizos de Transfusión e Urxencias Hospitalarias.

10. Ourense/Verín. Hospital de Verín: UCI/Reanimación/Queimados, Quirófano e Urxencias Hospitalarias.

11. O Barco de Valdeorras. Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras: UCI/Reanimación/Queimados, Quirófano, Prematuros/Neonatos, Servizos de Transfusión e Urxencias Hospitalarias.

12. O Salnés. Hospital Comarcal do Salnés (Vilagarcía de Arousa): Quirófano, Servizos de Transfusión e Urxencias Hospitalarias

13. Pontevedra. Complexo Hospitalario de Pontevedra: UCI/Reanimación/Queimados, Quirófano, Hemodiálise, Hospital de Día Oncohematolóxico, Prematuros/Neonatos, Servizos de Transfusión e Urxencias Hospitalarias.

14. Vigo. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.: UCI/Reanimación/Queimados e Quirófano. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo: UCI Pediátrica, Hemodiálise, Hospital de Día Oncohematolóxico, Prematuros/Neonatos, Servizos de Transfusión e Urxencias Hospitalarias.