Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26240

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de xuño de 2012 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as en prácticas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, dos aspirantes que superaron as fases de oposición e de concurso do proceso selectivo convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro de 2011).

Unha vez rematadas as fases de oposición e de concurso do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro de 2011) e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria esta consellería, de acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as en prácticas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas aos aspirantes que superaron as fases de oposición e de concurso do proceso selectivo convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010, e que figuran no anexo ordenados de acordo coa puntuación final obtida nas dúas fases.

Segundo. O nomeamento terá efectos, segundo establece a base V.4 da convocatoria, desde a data de inicio do curso selectivo.

Terceiro. A situación xurídica dos aspirantes nomeados funcionarios en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Cuarto. O tribunal, á vista da proposta motivada que lle formule o director do curso, declarará apto ou non apto aos distintos aspirantes.

Quinto. Os aspirantes que non superen o curso selectivo poderán incorporarse ao inmediatamente posterior, coa puntuación asignada no concurso-oposición ao último dos participantes nel. De non superalo, perderán todos os seus dereitos para seren nomeados funcionarios de carreira.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

NIF

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total oposición

Total concurso

Total

33322813E

Arias López, María Yolanda

10.38

17.87

18.85

Exenta

47.10

36.00

83.10

44844797H

Vizcaino Cordido, Vanesa

13.20

22.07

21.69

Exenta

56.96

0,00

56.96

76990792V

Álvarez Figueroa, Sabino

13

17.87

22.82

Exenta

53.69

1.35

55.04