Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de xuño de 2012 pola que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa do expediente ES/62-94/FO, devolto polo servizo de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no 30 de maio de 2012, ditou, por substitución da directora da axencia resolución mediante a que se apercibe a Nilo García López da execución forzosa da resolución, ditada no expediente ES/62-94/FO, pola que se lle ordenou volver os terreos ao estado anterior á execución das obras de construción dun alpendre dentro da servidume de protección do dominio público-marítimo terrestre, na praia de Polas, termo municipal de Foz (Lugo).

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito apercibimento.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do apercibimento que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra ese apercibimento non cabe interpoñer recurso ningún.

Para que conste e sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística