Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 14 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación de resolución de recurso de alzada do expediente sancionador PESAN1 2010/001752-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona a resolución do recurso de alzada do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5º andar.

Nº de expediente: PESAN1 2010/001752-1.

Denunciado: Ver_PDF.

DNI: Ver_PDF.

Enderezo: rúa Beiramar, 2-4º D, Perillo-Oleiros.

Precepto infrinxido: 137.2.

Sanción: 30 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución contra a cal se recorreu.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

A Coruña, 14 de xuño de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña