Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25754

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (Hospital Universitario Lucus Augusti), pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de xefe/a de Sección de Reumatoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti (Complexo Hospitalario Xeral-Calde).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG núm. 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG núm. 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro),

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, o posto de persoal licenciado sanitario que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán dirixirse o director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Hospital Universitario Lucus Augusti) , e poderán presentarse preferentemente no Rexistro Xeral sito no segundo andar do Hospital Universitario Lucus Augusti na rúa Dr. Ulises Romero, nº 1, (CP.27003) Lugo , no prazo de trinta días naturais contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro).

Cuarto. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital Universitario Lucus Augusti (Oficina de Atención ao Traballador), na intranet do propio hospital e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Lugo, 30 de maio de 2012

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de Sección de Reumatoloxía.

Número de vacantes: 1.

Titulación e requisitos:

a) Estar en posesión do título de licenciado ou doutor en medicina e cirurxía, e do título de médico especialista en Reumatoloxía. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación polo Ministerio de Educación.

b) Ter a condición de persoal estatutario fixo licenciado sanitario, na especialidade de Reumatoloxía, en situación de servizo activo en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

c) Tres anos de experiencia profesional, na especialidade de Reumatoloxía nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.