Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gremio Hoteles de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificado da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Gremio Hoteles de Galicia, onde se reflicte o acordo acadado o 27 de marzo de 2012, e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais