Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 6 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican resolucións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coa resolución ditada no procedemento instado polas interesadas, publícase mediante este edicto de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido das resolucións, contra as cales poderá interpoñerse reclamación previa á vía da xurisdicción social, ante esta xefatura territorial, dentro dos 30 días seguintes á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 6 de xuño de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: María Cristina Vilas Ramallo.

DNI: 36035286-J.

Número de expediente: 36/0000058-I/02.

Notificación: resolución de extinción do dereito ao cobramento da prestación social.

Motivo: variación dos recursos económicos da unidade de convivencia da cal forma parte a interesada.

Nome e apelidos: Rosalía Carmen Louzao Souto.

DNI: 35478302-C.

Número de expediente: 36/0001468-J/98.

Notificación: resolución de extinción do dereito ao cobramento da prestación social.

Motivo: non dispón do correspondente permiso de residencia legal no país.