Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se modifica a Resolución do 30 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación para a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da subministración de analizadores automáticos de medida de contaminantes no aire ambiente e cabinas de intemperie, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

No DOG nº 108, do 7 de xuño de 2012, publicouse a Resolución do 30 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutras, pola que se anunciaba a licitación para a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da subministración de analizadores automáticos de medida de contaminantes no aire ambiente e cabinas de intemperie, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Advertida discordancia entre os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas particulares no relativo ao lugar de instalación e montaxe dos analizadores e cabinas de intemperie,

RESOLVO:

Primeiro. Proceder á rectificación da letra E do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares para adecualo ao previsto no prego de prescricións técnicas, que poderán consultar no enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17577

Segundo. Como consecuencia do anterior modifícase o punto 2.d) do anuncio de licitación publicado no DOG nº 108, do 7 de xuño de 2012, que pasa a ter a seguinte redacción:

«Lugar de entrega e instalación: o traslado, instalación e montaxe dos analizadores e das cabinas de intemperie levaraos a cabo o adxudicatario nas estacións e outros lugares que sexan indicados pola Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación».

Terceiro. Mantense o resto do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto. Dado que este anuncio modifica o prego de cláusulas administrativas particulares e o anuncio de licitación publicado no DOG nº 108, do 7 de xuño de 2012, o prazo de presentación de ofertas será o décimo quinto día natural contado desde o día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2012

P.D. Orde 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de maarzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas