Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 24 de maio de 2012, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01021-O-2011 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 24 de maio de 2012

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción imposta

PO-01021-O-2011

7922-BRP

Garda Civil 3601 V72223P

Alquileres Celtacar, S.L.

B36918886

Avda.de Madrid, 73-baixo

36214 Vigo (Pontevedra)

A realización da actividade con vehículos alleos sobre os que non se teñan as condicións de dispoñibilidade legalmente exixibles

19.6.2011; 20.00; PO-11; 1,200

Art. 142.22 da LOTT,

art. 199.22 da ROTT

Art. 143.1.a) da LOTT,

art. 201.1.a) da ROTT

200 euros

PO-01773-O-2011

8798-DYS

Garda Civil 3601 Y76740V

M. Ángel Bemposta Mouriño

35447212A

Manuel Antonio 3, 1º A

36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Realizar transporte público de mercadorías, en vehículo pesado, carecendo de autorización

9.11.2011; 11.20; N550; 126

Art. 140.1.9 da LOTT,

art. 197.1.9 da ROTT

Art. 143.1.i) da LOTT,

art. 201.1.i) da ROTT

201 euros

PO-01895-O-2011

M2698TX

Garda Civil 3601 K82210V

Servicios Auxiliares de Arousa, S.L.

B36141786

Baión s/n

36620 Vilanova de Arousa (Pontevedra)

A realización de transporte privado en vehículo pesado, carecendo de autorización sempre que esta se solicitase acreditando o cumprimento de todos os requisitos exixidos para o seu outorgamento, no prazo máximo de 15 días, contados desde a notificación do inicio do expediente sancionador.

24.10.2011; 15.25; EP8001; 8,1

Art. 142.8 da LOTT,

art. 199.8 da ROTT

Art. 143.1.b) da LOTT,

art. 201.1.b) da ROTT

201 euros