Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e tramitación anticipada de gasto do servizo de xestión (recollida, transporte e valorización) de plásticos agrícolas xerados na Comunidade Autónoma (expediente 23/2011).

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica

c) Número de expediente orixinal: 23/2011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16930

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: xestión (recollida, transporte e valorización) de plásticos agrícolas xerados na Comunidade Autónoma.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90511000-2, 90512000-9, 90513000-6.

d) Publicidade: DOUE 16 de novembro de 2011, DOG nº 237, do 14 de decembro de 2011, BOE 24 de novembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 881.481,48 €.

5. Orzamento de licitación:

a) Orzamento base de licitación: 881.481,48 €.

b) IVE (18%): 70.518,52 €.

c) Orzamento total de licitación: 952.000,00 €.

6. Financiamento: 70% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 24 de abril de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xuño de 2012.

c) Adxudicataria: S.A. de Gestión de Servicios y Conservación (Geseco).

d) Importe de adxudicación: importe neto: 617.186,44 €. Importe total: 728.280,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta económicamente máis vantaxosa

tendo en conta os criterios de adxudicación recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2012

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas