Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de xuño de 2012 pola que se notifica a ampliación do prazo para ditar resolución no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/87/2011.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 16 de maio de 2012, ampliar o prazo para ditar resolución no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/87/2011, incoado por obras de parcelación urbanística e construción de edificacións con tipoloxía de vivenda familiar e construcións auxiliares sen vinculación a explotación agropecuaria levadas a cabo no lugar de Duancos, no concello de Castro de Rei.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Waldo Javier Fernández Vázquez e a Josefa Pilar Fernández Rodríguez, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de diez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo;
DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística