Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a diversos interesados a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense).

De conformidade co disposto no artigos 59.2º e 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas da relación adxunta que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural acordou o día 29 de febreiro de 2012 a aprobación do acordo de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense), que está exposto ao público no concello de Verín e nos lugares de costume, de conformidade co disposto nos artigos 36 e 40 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

No referido acordo figura a correspondente ficha de atribucións cos predios de substitución.

Para o caso de que se formulen alegacións en relación co proxecto, o resultado destas será o que deriva das fichas de atribucións.

Contra o devandito acordo, que non é definitivo na vía administrativa, os interesados da relación adxunta poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de xuño de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Nº propietario

Nome

6

Americo Airess s/s

65

Conçeiçao Alves Carneiro de Moura

66

Angelina Alves Carneiro

68

Juan Alves Carneiro

69

Rita Alves Carneiro

70

María Alves Gomes

114

Aurea Borges Rodríguez

116

Beatriz Carneiro Martins

143

Juan Dafonte Fernández

154

Isaac de Vega Taboada

197

Antonio Duro Borges

198

Joao Duro Borges

203

María del Mar Feijoo Cedrián

214

Herminia Fernández Aires

219

Casilda Fernández Alves

224

Dionídes Fernández Carneiro

318

Rafael García Fernández

342

Beatriz Gómez Carneiro

393

Emilio Juan Goyanes Rivero

395

Fernando Guerra Torres

470

María Martínez Barreira

483

Ana Cristina Encarnación Minerly García

490

Milagros Núñez García

615

Benita Taboada Did

616

María Taboada Diz

617

Benita Taboada Domínguez

649

Socorro Yáñez Fernández