Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de Filgrastim (axente estimulante de colonias de granulocitos) para os centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde (MI-SER1-12-030).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 24.7.2012.

d) Número de expediente: MI-SER1-12-030.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de Filgrastim (axente estimulante de colonias de granulocitos) para os centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33600000-6.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

– Oferta económica

– Criterios técnicos

– Criterios de servizo

0-50

0-40

0-10

4. Valor estimado do contrato: 2.232.067,25 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 930.028,02 euros. Importe total: 967.229,13 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non. Definitiva: 5% do importe da licitación do lote, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 24.7.2012.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, véxase número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 7.6.2012.

12. Outras informacións: si, véxase número 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos