Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do plan de sectorización Cerámicas Campo, concello da Laracha (A Coruña).

En cumprimento do disposto no número 7 do artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, na cal se integran o procedemento de avaliación ambiental estratéxica, establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, e o procedemento de aprobación de planeamento urbanístico, establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, do 1 de xuño de 2012, do plan de sectorización Cerámicas Campo, concello da Laracha (A Coruña). Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental