Ignacio Quiroga Liaño, en representación de Repsol Butano, S.A. (expediente 6583/11), presentou neste concello solicitude de licenza para ampliación do centro de almacenamento de gas propano sito no lugar de Lagazós, Lalín de Arriba, deste municipio de Lalín.
De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado durante un prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formulen os interesados as alegacións que xulguen convenientes.
Lalín, 7 de xuño de 2012
Xosé Crespo Iglesias
Alcalde