Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012, da Xerencia da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de recollida, transporte, lavado, pasada de ferro e hixienización da roupa, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB-EIP1-12-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Unidade de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avda. de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Dirección da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-12-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de recollida transporte, lavado, pasada de ferro e hixienización da roupa.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: hospitais: Provincial, Montecelo e O Salnés, e nos centros de saúde relacionados no anexo III do PCA.

1º. Domicilio: r/ Loureiro Crespo nº 2; Mourente s/n, Montecelo; r/ Hospital do Salnés nº 30 e os relacionados no anexo III do PCA.

2º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001, 36071, 36619 e os relacionados no anexo III do PCA.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV(referencia de nomenclatura): 98310000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 2.291.193,45 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 935.181 euros.

Importe total: 1.103.513,58 euros.

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Domicilio: r/ Loureiro Crespo nº 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003 ou 36001.

4º. Dirección electrónica: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura do sobre nº 2 dando lectura ás propostas.

b) Dirección: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión de tarifas, o do DOG: 5,42 €/liña (se é urxente: 10,82 €/liña).

Pontevedra, 22 de maio de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés