Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública un expediente de regularización de concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciáronse expedientes de regularización da seguinte concesión:

V-7075; XG-449 Santiago de Compostela-Fisterra, con anexos, da Empresa Monforte, S.A.

As persoas interesadas ou afectadas nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de xuño de 2012

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña