Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25253

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012 pola que se nomea profesorado dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 1 de marzo de 2012 (BOE do 12 de marzo), e presentada polos interesados a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 87 dos estatutos desta universidade e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polos interesados, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área coñecemento

Departamento

Localidade

Código

praza

2310/12

José Ángel

Fernández Escribano

35322453-L

Profesor titular de universidade

Ecoloxía

Bioloxía Celular e Ecoloxía

Lugo

C01711

2311/12

Roberto

Iglesias Rodríguez

34951944-V

Profesor titular de universidade

Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

Electrónica e Computación

Lugo

C01727

2315/12

Héctor

Álvarez Pol

33325726-Z

Profesor titular de universidade

Física Atómica, Molecular e Nuclear

Física de Partículas

Santiago de Compostela

C01732

2316/12

Francisco Javier

González García

32766073-C

Profesor titular de universidade

Historia Antiga

Historia I

Santiago de Compostela

C01729