Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante Orde do 20 de abril de 2012 (DOG nº 86, do 7 de maio), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao/a funcionario/a que se expresa no anexo desta orde, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 20 de abril de 2012.
Segundo. O cesamento no actual destino do/a funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data en que debe cesar no seu destino o/a funcionario/a está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o/a funcionario/a, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esa consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido la Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2012
Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar
ANEXO
Apelidos e nome: Villajos Grande, Patricia.
NRP: 3495547635 A2060.
Grupo: A1.
Corpo/escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.
Denominación do posto: xefatura do Servizo de Apoio e Relacións coas Organizacións Sectoriais.
Código: PE.C05.00.002.15770.015.
Nivel: 28.
Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais.
Localidade: Santiago de Compostela.