Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25111

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal de instalación dun depósito de gas propano.

Instalación dun depósito de G.L.P. coa súa capacidade de 6.650 litros (soterrado).

Tendo solicitado nesta Alcaldía a empresa Repsol Butano, S.A., representada por Gonzalo García Viador, licenza municipal de instalación dun depósito de gas propano de 6.650 litros (soterrado), para subministración de gas a 16 chalés individuais sitos no lugar de Figueiras, Coirós, en cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de evaluación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia para os efectos de que durante ese período se poidan presentar as reclamacions ou alegacions que se consideren oportunas.

Coirós, 10 de maio de 2012

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde