Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25109

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación do cemiterio en San Vicente de Vigo.

Isaac Nión Patiño solicitou desta Alcaldía licenza municipal para ampliación do cemiterio en San Vicente de Vigo. En cumprimento do disposto polo artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, e no artigo 41.2.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia, sométese a información pública, por un período de vinte días, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se prentende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Localización: San Vicente de Vigo-Carral.

Uso solicitado: ampliación de cemiterio.

Altura: 4 m.

Ocupación: 60,44 m2.

Consulta exp.: na Casa do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, no Departamento de Urbanismo.

Carral, 10 de novembro de 2011

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde