Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (267/12).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Paulina Sandu contra Dana Grosu, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 267/2012 acordouse citar a Dana Grosu, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, situado en r/ Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo, o día 15 de marzo de 2013 ás 10.20 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 4 de xuño de 2012

O secretario xudicial