Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24967

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2012 que modifica a Resolución do 6 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías de xestión e servizos no ámbito das institución sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

En aplicación do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que permite ás administracións públicas rectificar en calquera momento os erros materiais, aritméticos ou de feito existentes nos seus actos, advertido erro nos resultados das listas publicadas pola Resolución do 6 de xuño de 2012, en canto que non se tivo conta toda a información de datos dos solicitantes, sendo este un erro material ou de cómputo aritmético, acórdase proceder a incorporar a citada información e rectificar a puntuación, publicando de novo os resultados e as listas anunciadas pola citada Resolución do 6 de xuño de 2012.

Tendo en conta o anterior, ábrense novos prazos de reclamación e recurso contados desde o día seguinte á data de publicación desta corrección no DOG.

Contra a lista definitiva de admitidos/as e excluidos/as cuxa publicación se anuncia na presente resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte á data de publicación das listas definitivas.

Así mesmo, as persoas aspirantes admitidas, só con respeto aos resultados da baremación recollida nas listas provisionais de admitidos con puntuación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación das citadas listas provisionais.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos