Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24960

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de xuño de 2012 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez presentada a renuncia por un vogal do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzasconvocado pola Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Francisco Miguel Castro Allegue como vogal do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal do dito tribunal a Antón Baeza Barrantes, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda