Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012006TA-PO, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 23 de abril de 2012 a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador número 2012006TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Crhistian Portela Cons, con NIF 77012403.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Crhistian Portela Cons o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, e 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 28 de maio de 2012

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2012006TA-PO.

Denunciado: Crhistian Portela Cons, con DNI 77012403.

Último enderezo coñecido: rúa Atranco, número 35, 2º, Coiro, 36947 Cangas (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Precepto presuntamente infrinxido:

Artigo 7. «Prohíbese fumar..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).