Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24806

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de bases e convocatoria do Programa de subvencións para o comercio, a hostalaría e operadores do mercado da Magdalena Urban Ferrol 2012.

Por medio deste anuncio faise público que en sesión que tivo lugar o 31 de maio de 2012 o Pleno municipal aprobou as bases e convocatoria do programa de subvencións para o comercio, a hostalaría e operadores do mercado da Magdalena Urbano Ferrol 2012.

A convocatoria rexerase polo establecido nas bases do programa publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña, 13 de xuño de 2012.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que as persoas interesadas poidan presentar as solicitudes que consideren oportunas, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O seu texto íntegro publicouse no BOP nº 111, do 13 de xuño de 2012, así como na páxina web do Concello de Ferrol. A publicación no DOG será a data para ter en conta para os efectos de presentación de solicitudes.

Ferrol, 13 de xuño de 2012

José Manuel Rey Varela
Alcalde