Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24630

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 14 de xuño de 2012 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aquelas representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Por proposta do presidente do ente público Portos do Estado, o nomeamento como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña de Jorge Atán Castro.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar