Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 6 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se notifica a Juan Figueiredo Núñez o emprazamento para comparecer no recurso contencioso-administrativo interposto polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia contra a desestimación presunta do recurso de alzada deducido contra a Resolución do 27 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se aproba o proxecto de execución das instalacións do proxecto reformado do modificado ao Parque Eólico Pena Ventosa (RAI-DXI-179/10).

Descoñecido o paradoiro de Juan Figueiredo Núñez, e de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula comunícaselle que está sendo tramitado o recurso contencioso-administrativo número 7292/2011, procedemento ordinario, na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia contra a desestimación presunta do recurso de alzada deducido contra a Resolución do 27 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se aproba o proxecto de execución das instalacións do proxecto reformado do modificado ao Parque Eólico Pena Ventosa, promovido por Enel Green Power España, S.L., co fin de que poida comparecer, se o considerar oportuno, perante o dito órgano xudicial, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2012

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria