Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 29 de maio de 2012, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes DX-00025-I-2012 e DX-00026-I-2012).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25% na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-DNI/CIF

-Último enderezo coñecido

-Infracción denunciada

-Data-Hora-Estrada-p.q.

-Precepto

cualificador

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00025-I-2012

Obstrución

Axente de inspección DX/002

Transportes Óscar Jartin Sueiro, S.L.

B70137278

Avda. San Miguel, 35-A

15189 Culleredo, A Coruña

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

7.5.2012; 13.37.00

Art. 140.6 LOTT,

art. 197.6 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT,

art. 201.1.i) ROTT

4.601

DX-00026-I-2012

Obstrución

Axente de inspección DX/002

M. Gesteira Vázquez, S.L.

B36194579

José Antela Conde, 39- 5º A

36205 Vigo, Pontevedra

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.
7.5.2012; 13.45.00

Art. 140.6 LOTT,

art. 197.6 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT,

art. 201.1.i) ROTT

4.601