Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación do servizo de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: SESE 10-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17061

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, que figuran no anexo I do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 90919200-4 servizos de limpeza de oficinas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: 22 de decembro de 2011, BOE: 3 de xaneiro de 2012 e DOG: 12 de xaneiro de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 9.491.525,42 €, IVE excluído (valor incial máis as posibles prórrogas).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 4.745.762,71 €.

Importe total: 5.600.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10 de maio de 2012.

b) Data da formalización do contrato: 31 de maio de 2012.

c) Contratista: Limpiezas Pisuerga Grupo Norte, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 4.743.950,00 €.

Importe total: 5.597.861,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza