Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario de cableados estruturados para a Rede Corporativa da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 15/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 15/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de cableados estruturados de comunicacións para a mellora das redes de área local nos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto deste contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipos que se van subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si, 24 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 949.152,54 €, máis 170.847,46 € que corresponden ao IVE (18%), o que supón un total de 1.120.000,00 € (un millón cento vinte mil euros), distribuíndose nas seguintes anualidades:

▪ 2012: 276.836,16 €+IVE (49.830,51 €)= 326.666,67 €.

▪ 2013: 474.576,27 €+IVE (85.423,73 €)= 560.000,00 €.

▪ 2014: 197.740,11 €+IVE (35.593,22 €)= 233.333,33 €.

O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17647

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día 13.7.2012.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano (luns a sábado das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no apartado 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 28.3.2012.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 14.6.2012.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia