Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 6 de xuño de 2012, do recadador de zona de Vigo, polo que se relaciona procedemento de constrinximento pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Graña Fernández, Feliciano).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázanse os interesados, ou os seus representantes, que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Zona de Recadación de Vigo, con enderezo na r/ Areal nº 62, local 3, en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 6 de xuño de 2012

Javier Sánchez García
Recadador de zona de Vigo

ANEXO

Interesado

Data

Concepto

NIF/CIF

Nome

L5410667D

Graña Fernández, Feliciano

4.6.2012

Providencia de poxa