Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24504

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 29 de maio de 2012 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos desta consellería.

Convocada, pola Orde do 2 de abril de 2012 (DOG nº 82, do 30 de abril de 2012), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4 da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 2 de abril de 2012 (DOG nº 82, do 30 de abril).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro. A persoa mencionada deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Casas Yáñez, Benita.

NRP: 3495642946 A205X.

Grupo: A1.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Laboratorio de Saúde Pública.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: Ourense.