Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación dun contrato de subministración de enerxía eléctrica.

A Comisión de Goberno deste Consello de Contas, por Acordo do 6 de xuño do presente ano, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de subministración de enerxía eléctrica, co detalle que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría Xeral. Sección de Xestión Económica.

2) Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4) Teléfono: 981 54 22 36.

5) Telefax: 981 54 22 10.

6) Correo electrónico: vlagoa@ccontasgalicia.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.ccontasgalicia.es/index.php/gl/contratacion

8) Data límite de obtención da documentación e información: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 12/53.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de enerxía eléctrica ao Consello de Contas de Galicia durante o período que vai do 1 de xullo de 2012 ao 31 de decembro de 2013.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución:

1) Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

e) Prazo de execución/entrega: dezaoito meses, computados a partir da súa entrada en vigor o 1 de xullo de 2012.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 71314100-3.

h) CPA: 351410.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterio de adxudicación:

c.1) Único. Prezo.

4. Valor estimado do contrato: 99.611,29 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 58.767,72 euros. IVE (18%): 10.578,19 euros. Importe total: 69.345,91 euros.

6. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 2.938,39 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: por volume global de negocio e relación de principais subministracións, respectivamente, segundo detalle recollido no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: documentación acreditativa de estar o licitador inscrito no Rexistro Administrativo de Distribuidores, Comercializadores e Consumidores Directos no Mercado.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio. De coincidir o último día do prazo de presentación en sábado, domingo ou festivo o mesmo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito. No lugar que se indica a continuación ou por correo (artigo 80 RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas.

2. Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: acto público, que se desenvolverá de conformidade co preceptuado no artigo 83 do RXLCAP.

b) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Data e hora: décimo octavo día natural seguinte ao de remate do prazo de presentacións de proposicións, 12 horas.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.600 €.

10. Outras informacións: a composición da mesa de contratación figura detallada na cláusula 7 do prego de cláusulas particulares dispoñible no perfil de contratante. Salvo substitución dalgún dos seus membros, dáse por realizada a publicación a que se refire o artigo 21.4 do Real decreto 817/2009.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2012

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior